Formato
Curtametraxe documental
Temática
Patrimonio arqueolóxico galego
Localización
Castro de Trelle, Toén (Ourense)
Hai lugares que gardan mundos enteiros. O Castro de Trelle, situado no municipio de Toén (Ourense), é un deses lugares: un xacemento arqueolóxico de especial relevancia no patrimonio da Galicia interior que durante séculos permaneceu case en silencio.
A primeira campaña do Castro de Trelle en 2024, froito do tesón das asociacións culturais, foi só o comezo. Agora, na segunda intervención, o proxecto arqueolóxico dá un salto fundamental coa implicación dos Concellos e o financiamento da Xunta de Galicia. Este respaldo institucional permite afrontar con máis recursos a recuperación do que semella ser un dos castros máis grandes de Galicia.

O obxectivo é claro: sacar á luz elementos do poboado castrexo, dende as súas defensas até as súas vivendas. O futuro deste proxecto depende, en boa parte, do que estes terreos revelen agora. Con todo, non se trata só dun traballo técnico; conta coa ilusión e o apoio directo dos veciños da zona, cuxo vínculo co patrimonio é o motor deste legado común.
Reconstruíndo Mundos é unha curtametraxe documental que Produciós OU ké! crea para darlle voz e imaxe a esa historia. A través de entrevistas con arqueólogos, veciñanza, material de arquivo e fotografía de campo, a peza segue este proceso de recuperación do patrimonio que só fixo comezar.

A intención última é que esta curtametraxe se sinta como o primeiro capítulo dun relato meirande: un fragmento dun futuro documental de longa metraxe sobre a historia completa do Castro de Trelle, as súas lendas e, sobre todo, sobre os seus teimudos habitantes, xente común cuxa persistencia é a verdadeira forza motriz desta historia.
Imaxes do proxecto
Que fixemos neste proxecto?
- Guión documental
- Dirección
- Dirección de fotografía
- Edición e posproducción
- Locucións e música
