OU ké! — O noso medio de comunicación nativo das redes sociais
Logo OU ké!

O noso medio de comunicación nativo das redes sociais

Visitar web

Formato

Medio nativo de redes

Lingua

Galego

Temas

Política, Cultura e Deporte

Distribución

Instagram · YouTube · TikTok

OU ké! é un medio dixital nativo das redes sociais que naceu no 2023 coa vontade de contar Ourense e Galicia dende dentro, cunha ollada nova, irreverente e próxima á xente. O seu primeiro gran reto foron as eleccións municipais, e dende entón consolidouse como unha das voces máis frescas e auténticas do panorama mediático galego.

Imaxina un medio que fala coma ti, que non ten medo a incomodar nin a rir, que entende os códigos das redes e as linguaxes da xente moza. Un espazo que non traduce a realidade, senón que a amplifica e a transforma en conversa colectiva, en esfera pública.

Xosé Manuel Baltar Santalices no Parlamento de Galicia, entrevistado por OU ké!
Entrevistas a protagonistas da política galega.

A política deunos moito xogo, logo despois das municipais veu un ciclo electoral que nos permitiu seguir creando contido falando das eleccións xerais, galegas e europeas. Fixémolo con achegas máis desenfadadas que nos diferenciaron das demáis propostas mediáticas.

O noso percorrido é, sobre todo, a proba da nosa vontade: fixemos moito con moi pouco. Demostramos que a creatividade e a enerxía poden suplir a falta de recursos, pero agora queremos dar o salto e consolidar un medio profesional, estable e sostible.

Cobertura dos lumes de Ourense en OU ké!

Todos estes contidos son producidos de principio a fin por Produciós OU ké!, dende o desenvolvemento do formato e o guión ata a distribución final nas redes. Un ecosistema de contido feito en Ourense para todo o mundo.

Imaxes do proxecto

Que fixemos neste proxecto?

  • Todo o que ven os teus ollos
  • Ideación e desenvolvemento de formatos
  • Produción executiva
  • Dirección
  • Edición e posproducción
  • Deseño gráfico e motion graphics
  • Xestión de redes sociais

Séguenos nas nosas redes

Non perdas o que andamos argallando. Atópanos aquí: