Openhost — Comunicación para o mellor CMS para medios dixitais
Logo Openhost

Comunicación para o mellor CMS para medios dixitais

Visitar web

Cliente

Openhost / Opennemas

Sector

Media tech · CMS para medios

Canles

YouTube · LinkedIn · Instagram

Formatos

Webinars · Entrevistas · Reels

Opennemas é o servizo de aloxamento e CMS de Openhost, especializado en medios de comunicación dixitais. A súa misión é dar ferramentas a editores e xornalistas para facer crecer os seus medios na contorna dixital.

Produciós OU ké! encargouse da xestión das redes sociais e da produción audiovisual para as canles de Openhost. Gravamos e editamos webinars, entrevistas e vídeos explicativos cubrindo temáticas de alto valor para o sector: intelixencia artificial aplicada a medios, auditorías de rendemento web, estratexias de fidelización de lectores e ferramentas de crecemento para editores.

Reel de IA en medios — Openhost
Peza nativa de redes sociais sobre IA e xornalismo.
Reel de auditorías web — Openhost
Contido sobre auditorías de rendemento web.

A estratexia de contido combinou formatos longos —webinars completos en YouTube— con pezas nativas para redes sociais orientadas ao público profesional dos medios. Cada vídeo foi producido con criterio editorial e estético, reforzando o posicionamento de Openhost como referente técnico no sector.

Un traballo continuo que une estratexia, produción técnica e coñecemento do sector para construír unha canle de contido útil e diferencial nun mercado moi competitivo.

Imaxes do proxecto

Que fixemos neste proxecto?

  • Xestión de redes sociais
  • Gravación de webinars e entrevistas
  • Edición e posproducción
  • Motion graphics e deseño gráfico

Séguenos nas nosas redes

Non perdas o que andamos argallando. Atópanos aquí: