Nuno — A curta de animación galega finalista aos Premios Mestre Mateo
Logo Nuno

A curta de animación universitaria que chegou aos Mestre Mateo

Formato

Curtametraxe de animación

Técnica

2D frame a frame + 3D

Lingua

Galego

Baseada en

Made in Galiza · Séchu Sende

Ano

2025

Produción

UDC + Produciós OU ké!

Nuno é a historia dun bebé que non entende por que os seus pais lle falan diferente a el: en galego entre eles, pero en castelán con el. Sóache? Baseada nun relato do libro Made in Galiza de Séchu Sende, esta curtametraxe de animación aborda sen dramatismos a diglosia que segue marcando moitísimas casas do país. Desde os ollos dun cativo, retrata con tenrura e precisión a realidade sociolingüística que viven milleiros de familias galegas.

Detrás de Nuno están Antía Iglesias e Martín Joga, dous egresados do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos da UDC. Antía asumiu a dirección, a produción, a animación en 2D e o compositing; Martín conceptualizou as contornas, liderou o arte 3D e o deseño de son. Xuntos escribiron o guión. A banda sonora orixinal é de Dani Cornes, músico e creativo audiovisual.

Antía Iglesias e Martín Joga, os creadores da curta de animación Nuno
Antía Iglesias e Martín Joga, os creadores de Nuno.

Estamos ante unha animación frame a frame executada por só dúas persoas nun calendario universitario. Ese método case artesanal é o que lle confire o seu estilo tan singular: a combinación entre o 2D feito a man de Antía e os escenarios 3D de Martín constrúe un mundo recoñecible e cálido no que o espectador entra na familia desde o primeiro fotograma.

Fotograma de Nuno: animación 2D de Antía Iglesias sobre escenarios 3D de Martín Joga
A combinación de 2D artesanal e fondos 3D: o selo visual de Nuno.

O recoñecemento non tardou en chegar. Nuno foi finalista a Mellor Curtametraxe de Animación nos Premios Mestre Mateo —o maior galardón da Academia Galega do Audiovisual—, e foi seleccionada na Sección Made in OU do OUFF, na Sección Novas Camadas do Festival de Cans e no Festival de Belalcázar, dando o salto fóra de Galicia.

Produciós OU ké! asumiu a produción executiva e a distribución estratéxica da curta: festivais, contacto con programadores, exhibicións en centros culturais, e a produción de contidos para redes sociais que está a permitirlle a Nuno chegar moito máis lonxe que calquera TFG.

Seleccións e recoñecementos

  • Finalista Mellor Curtametraxe de Animación — Premios Mestre Mateo (Academia Galega do Audiovisual)
  • Selección Made in OU — OUFF (Ourense Film Festival)
  • Selección Novas Camadas — Festival de Cans
  • Selección Festival de Cine de Belalcázar

Imaxes do proxecto

Que fixemos neste proxecto?

  • Produción executiva
  • Estratexia de festivais e distribución
  • Produción de contidos para redes sociais
  • Materiais gráficos e vídeos curtos de difusión

Séguenos nas nosas redes

Non perdas o que andamos argallando. Atópanos aquí: