MITEU — Contidos promocionais e gravación dos espectaculos da mostra teatral ourensá
Logo MITEU

Contidos promocionais e gravación dos espectaculos da mostra teatral ourensá

Cliente

MITEU — Mostra Internacional de Teatro Universitario

Cidade

Ourense

Edicións

30ª e 31ª (2025 e 2026)

Tipo

Contidos + Documentación

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU), que celebra a súa 31ª edición, conta desde hai dous anos con Produciós OU ké! para a creación de contidos promocionais a través do medio de comunicación OU ké!. Esta colaboración ten como obxectivo dar visibilidade ás propostas artísticas e aos protagonistas que dan vida ao certame.

Na edición de 2025, a produtora centrouse na apertura do festival cunha entrevista ao humorista Ignatius Farray, ademais de xerar diversos contidos para redes sociais derivados desa conversa. Tamén se deu voz aos grupos universitarios participantes, entrevistando a directores e actores das representacións de León e Pamplona.

Entrevista no MITEU 2025 — Produciós OU ké!
Entrevistas aos participantes da mostra.

Xa na 31ª edición, celebrada en 2026, o foco púxose na diversidade internacional e no teatro con compromiso social. Destacou a entrevista a Nabil AlRaeed e Juan Ayala, intérprete palestino e director madrileño respectivamente, pola súa obra "Preso na esperanza". A peza aborda o xenocidio en Palestina e recolle o testemuño en primeira persoa de como Nabil viviu estes acontecementos. Así mesmo, conversouse con Lady Galloso e Manuel Guerrero, actores peruanos da Asociación Cultural Anaqueronte.

MITEU 2026 — gravación de espectáculos
Documentación integral da 31ª edición.

Ademais da creación de contidos promocionais e entrevistas, nesta última edición Produciós OU ké! asumiu a documentación integral do evento: gravación en vídeo de todas as funcións para o arquivo histórico da Mostra, complementando este traballo con reportaxes fotográficas de cada unha das representacións.

Imaxes do proxecto

Que fixemos neste proxecto?

  • Gravación de espectáculos en directo
  • Fotografía de eventos
  • Creación de contidos promocionais para redes
  • Edición de vídeo

Séguenos nas nosas redes

Non perdas o que andamos argallando. Atópanos aquí: