Ella — Gravación e teaser promocional para unha obra de teatro de Albert Boadella
Logo Ella

Gravación e teaser promocional para unha obra de teatro de Albert Boadella

Artista

Albert Boadella

Tipo

Gravación teatral + teaser

Lugar

Teatro Principal de Ourense

Data

13 de decembro de 2024

Ella é a última creación teatral do dramaturgo e director catalán Albert Boadella, fundador dos míticos Els Joglars. Unha obra que reflexiona sobre a superación dos traumas personificada nunha muller que ven de sufrir unha violación.

Produciós OU ké! foi a encargada de rexistrar o espectáculo en directo no Teatro Principal de Ourense o 13 de decembro de 2024. A gravación abarcou a representación completa a dúas cámaras para capturar tanto a totalidade do espectáculo como os momentos máis expresivos da actuación.

Albert Boadella no Teatro Principal de Ourense — gravación de Ella
Albert Boadella xunto a María Rey-Joly nun ensaio de Ella.

Ademais do rexistro integral, o equipo creou un teaser promocional para a difusión da obra en canles dixitais: unha peza concisa e coidada que transmite a esencia do espectáculo respectando a visión artística do director e invitando a novas audiencias a descubrir esta proposta escénica.

Que fixemos neste proxecto?

  • Gravación de espectáculo en directo
  • Operación multicámara
  • Creación de teaser promocional

Séguenos nas nosas redes

Non perdas o que andamos argallando. Atópanos aquí: